“A Miñoteira” ´e unha horta de produción ecolóxica en xinzo (ponteareas) onde producen en base a principios medioambientais e sociais, preservando así o entorno e creando un tecido local fóra da estructura monopolista das grandes multinacionais.
jueves, 3 de noviembre de 2011
martes, 1 de noviembre de 2011
ADENCO organiza o I Serán de Outono, dentro das XXII Xeiras Micolóxicas do Condado
O Grupo Ecoloxista ADENCO programou unha nova actividade a desenvolver no marco das XXII Xeiras Micolóxicas do Condado, que teñen lugar desde o pasado fin de semana na comarca.
Esta nova actividade, habitual nesta época do ano no sur de Pontevedra, será o primeiro serán da organización ecoloxista e terá lugar o venres 4 de novembro no pavillón deportido do Colexio La Inmaculada de Ponteareas.
Con esta iniciativa,a asociación ecoloxista quere pór en valor tamén os referentes culturais da comarca a nivel musical, como son os seráns, coa posibilidade de que calquera colectivo musical asista e goce da música, dos produtos de tempada e do baile, sobre todo do baile.
Sandra Araúxo e Anxo F. Saborido
A actividade será unha máis das previstas para o fin de semana en Ponteareas, que contará tamén con charlas sobre cogumelos, saída ao monte, exposición e un mercado de outono con vintecinco postos de produtos variados e un magosto o domingo pola tarde.
A entrada e participación en todas estas actividades é libre e gratuita.
MINIPLANAVE, artesanía da reciclaxe, estará no Mercado de Outono
Cristina Fernández de las Heras, é unha artesá residente en Vigo, pero de raíces navarras; un bodía decidíu dar o grande salto e amosara aos demáis as ideas que lle bullían na cabeza.
Os obxectos que Cris nos ofrecerá no seu stand non son mero material ornamental; son obxectos vivos, entrañables, de uso cotiá e con sólidas referencias á nosa máis íntima cotidianeidad.
Así poderemos atopar cinceiros, portavelas ou gardaclips confeccionados en base a latas de refrescos, o clásico nesquik ou unha simple lata de salsa de tomate. Prácticas carteiras en cuxa elaboración non interveñen máis que tetabricks, envases ou cartóns. Monedeiros texidos cun fío máxico a base de bolsa de supermercado. Ou también caixas, xoieros, pratos ornamentais, aneis, collares e coleteiros ideados en torno ás filigranas ás que poden dar lugar, uns aparentemente inservibles papeis de serpentina. Pasando polos máis orixinais pomos e manillas para portas e caixóns inxeniados a partires de usuais tapas de refresco, botes e perfumes.
O Luthier Dionisio Aboal exporá no Mercado de Outono
A vida de Dionisio Aboal está estreitamente ligada a Os Alegres. A agrupación de gaitas foi recoñecida pola asociación Amigos de Pontevedra pola súa laboura na cidade como impulsores da música e da cultura tradicional. Tras más de 70 años de actividade exporá as obras do seu taller de instrumentos no Mercado de Outono.
Nigel Hannon exporá as súas vidrieiras no Mercado de Outono
O artesán afincado en Cristiñade Nigel Hannon exporá as súas vidrieiras o vindeiro fin de semán no Mercado de Outono.
Velaí unha das súas creacións.
viernes, 28 de octubre de 2011
viernes, 21 de octubre de 2011
ADENCO organiza as XXII Xeiras Micolóxicas do Condado
O Grupo Ecoloxista ADENCO presentou o programa de actividades que desenvolverá ao longo das próximas semanas nos concellos de Mondariz Balneario, Ponteareas e Arbo e que pretenden acercar o mundo dos cogumelos á cidadanía do sur de Pontevedra.
ADENCO segue adiante cunha actividade que se realiza de xeito ininterrumpido desde 1990, con actividades en varios concellos e abertas a todo o público interesado, con charlas, obradoiros, exposicións, actividades didácticas en centros de ensino, …
Como sempre, as actividades comezarán no Concello de Mondariz Balneario no último fin de semana de outubro. A seguir, as actividades serán en Ponteareas, para rematar, por vez primeira, no Concello de Arbo.
Sandra Arauxo (ADENCO) e Anxo Saborido (FEG) prensentando as XXII Xeiras Micolóxicas
Mercado de outono, serán e magosto
En Ponteareas, o primeiro fin de semana de novembro, terán lugar unha serie de actividades en paralelo ás estrictamente relacionadas coa micoloxía. Así, o venres 4 de novembro desenvolverase, no pavillón deportivo do colexio La Inmaculada, o primeiro Serán de Outono, con música en directo.
Os 5 e 6 de novembro, a partir das 11h, terá lugar o Mercado de Outono, tamén no pavillón do Colexio La Inmaculada de Ponteareas, un mercado de outono, con expositores variados. Teremos animais vivos, artesáns traballando en directo, produtos frescos, ademais de elaborados produtos de outono, como mel, licores, viño, …
Adegas Menduiña participará no Mercado de Outono
Para rematar as actividades de Ponteareas, o domingo pola tarde haberá un magosto, con castañas, chourizos e viño e tamén haberá actividades para os máis pequenos. E a xente que participe no magosto poderá gañar un fin de semana nunha casa de turismo rural da asociación Agarimo.
II Xeiras gastronómicas
As Xeiras de Ponteareas complétanse coas II Xeiras Gastronómicas, unha actividade en colaboración cos restaurantes da localidade, onde se poderán degustar variados menús de outono, co desconto do 10% para as persoas que compren no mercado de outono.
Adenco quere agradecer a colaboración das diferentes administracións, que nun diferente pero imprescindible nivel, colaboran coa organización, resultando un interesante programa aberto á participación de toda a cidadanía.
AS ACTIVIDADES DESENVOLVERANSE AO LONGO DE VARIOS FINS DE SEMANA NOS CONCELLOS DE MONDARIZ BALNEARIO, PONTEAREAS E ARBO
miércoles, 19 de octubre de 2011
Cartaz das XXII Xeiras Micolóxicas
Xa estamos colocando os cartaces das XXII Xeiras Micolóxicas que se celebrarán nos seguintes Concellos:
- Mondariz Balneario, os días 28, 29 e 30 de outubro
- Ponteareas, os días 4, 5 e 6 de novembro
- Arbo, os días 11, 12 e 13 de novembro
Patrocinan Concello de Arbo e Concello de Mondariz Balneario
Colaboran Xunta de Galicia, Concello de Ponteareas, Hosteleros da Comarca, Colexio de la Inmaculada, AGARIMO, Sociedade Gastronómica Cachelos e Entidade Local Menor de Queimadelos
martes, 18 de octubre de 2011
cartaz do Serán de Outono
Xa está listo o cartaz do Serán de Outono 2011 que terá lugar o vindeiro 4 de novembro en Ponteareas
lunes, 17 de octubre de 2011
ADENCO organiza o Iº Mercado de Outono en Ponteareas
O vindeiro 4, 5, 6 de novembro, celebrarase en Ponteareas as XXII Xeiras Micolóxicas, organizadas pola Asociación Ecoloxista Adenco., ou no Tlf. 666.89.38.79
Nesta nova edicción a organización ecoloxista ten programado un mercado de outono para os 5 e 6 de novembro. Onde se pondrán a venta produtos de artesanía, horta ecolóxica, viños, alimentos, derivados da leite,..., sempre favorecendo a venta de produtos ecolóxicos e fomentando o consumo responsable.
A programación de Adenco para o primeiro fin de semán de Santos, é moi extensa; o venres 4 terá lugar unha conferencia sobre cogumelos e un serán. O sábado 5, comezarán as xeiras, coa saída ó monte e clasificación de cogumelos e se abrirá ó público ás 11 da mañá o mercado de outono e para finalizar o domingo 5, novemente apertura do mercado, exposición de cogumelos e ludoteca para os máis pequenos.
Durante todo o fin de semán, tamén se organizará o II Xeiras Gastronómicas en colaboración coa Sociedade Gastronómica Cachelos, onde os veciños e veciñas poderán degustar produtos de outono nos distintos locais hosteleiros do concello.
O mercado de outono estará localizado no Pavillón do Colexio Inmaculada, no centro do casco urbán de Ponteareas e cada expositor contará cún stand de 2m de longo, por solo 25 euros.
Todos aos que lles interese acudir ao Mercado de Outono ou precisen máis información, poñerse en contacto no email, mercadodeoutono@gmail.com
Etiquetas:
adenco,
mercado,
outono,
ponteareas
Ubicación:
Ponteareas, España
Suscribirse a:
Entradas (Atom)