O Grupo Ecoloxista ADENCO presentou o programa de actividades que desenvolverá ao longo das próximas semanas nos concellos de Mondariz Balneario, Ponteareas e Arbo e que pretenden acercar o mundo dos cogumelos á cidadanía do sur de Pontevedra.
ADENCO segue adiante cunha actividade que se realiza de xeito ininterrumpido desde 1990, con actividades en varios concellos e abertas a todo o público interesado, con charlas, obradoiros, exposicións, actividades didácticas en centros de ensino, …
Como sempre, as actividades comezarán no Concello de Mondariz Balneario no último fin de semana de outubro. A seguir, as actividades serán en Ponteareas, para rematar, por vez primeira, no Concello de Arbo.
Sandra Arauxo (ADENCO) e Anxo Saborido (FEG) prensentando as XXII Xeiras Micolóxicas
Mercado de outono, serán e magosto
En Ponteareas, o primeiro fin de semana de novembro, terán lugar unha serie de actividades en paralelo ás estrictamente relacionadas coa micoloxía. Así, o venres 4 de novembro desenvolverase, no pavillón deportivo do colexio La Inmaculada, o primeiro Serán de Outono, con música en directo.
Os 5 e 6 de novembro, a partir das 11h, terá lugar o Mercado de Outono, tamén no pavillón do Colexio La Inmaculada de Ponteareas, un mercado de outono, con expositores variados. Teremos animais vivos, artesáns traballando en directo, produtos frescos, ademais de elaborados produtos de outono, como mel, licores, viño, …
Adegas Menduiña participará no Mercado de Outono
Para rematar as actividades de Ponteareas, o domingo pola tarde haberá un magosto, con castañas, chourizos e viño e tamén haberá actividades para os máis pequenos. E a xente que participe no magosto poderá gañar un fin de semana nunha casa de turismo rural da asociación Agarimo.
II Xeiras gastronómicas
As Xeiras de Ponteareas complétanse coas II Xeiras Gastronómicas, unha actividade en colaboración cos restaurantes da localidade, onde se poderán degustar variados menús de outono, co desconto do 10% para as persoas que compren no mercado de outono.
Adenco quere agradecer a colaboración das diferentes administracións, que nun diferente pero imprescindible nivel, colaboran coa organización, resultando un interesante programa aberto á participación de toda a cidadanía.
AS ACTIVIDADES DESENVOLVERANSE AO LONGO DE VARIOS FINS DE SEMANA NOS CONCELLOS DE MONDARIZ BALNEARIO, PONTEAREAS E ARBO
No hay comentarios:
Publicar un comentario