martes, 1 de noviembre de 2011

ADENCO organiza o I Serán de Outono, dentro das XXII Xeiras Micolóxicas do Condado

O Grupo Ecoloxista ADENCO programou unha nova actividade a desenvolver no marco das XXII Xeiras Micolóxicas do Condado, que teñen lugar desde o pasado fin de semana na comarca.
 
Esta nova actividade, habitual nesta época do ano no sur de Pontevedra, será o primeiro serán da organización ecoloxista e terá lugar o venres 4 de novembro no pavillón deportido do Colexio La Inmaculada de Ponteareas.
 
Con esta iniciativa,a asociación ecoloxista quere pór en valor tamén os referentes culturais da comarca a nivel musical, como son os seráns, coa posibilidade de que calquera colectivo musical asista e goce da música, dos produtos de tempada e do baile, sobre todo do baile.
 
 
Sandra Araúxo e Anxo F. Saborido
 
A actividade será unha máis das previstas para o fin de semana en Ponteareas, que contará tamén con charlas sobre cogumelos, saída ao monte, exposición e un mercado de outono con vintecinco postos de produtos variados e un magosto o domingo pola tarde. 
 
A entrada e participación en todas estas actividades é libre e gratuita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario