viernes, 21 de octubre de 2011

ADENCO organiza as XXII Xeiras Micolóxicas do Condado



O Grupo Ecoloxista ADENCO presentou o programa de actividades que desenvolverá ao longo das próximas semanas nos concellos de Mondariz Balneario, Ponteareas e Arbo e que pretenden acercar o mundo dos cogumelos á cidadanía do sur de Pontevedra.

ADENCO segue adiante cunha actividade que se realiza de xeito ininterrumpido desde 1990, con actividades en varios concellos e abertas a todo o público interesado, con charlas, obradoiros, exposicións, actividades didácticas en centros de ensino, …

Como sempre, as actividades comezarán no Concello de Mondariz Balneario no último fin de semana de outubro. A seguir, as actividades serán en Ponteareas, para rematar, por vez primeira, no Concello de Arbo.

Sandra Arauxo (ADENCO) e Anxo Saborido (FEG) prensentando as XXII Xeiras Micolóxicas

Mercado de outono, serán e magosto
En Ponteareas, o primeiro fin de semana de novembro, terán lugar unha serie de actividades en paralelo ás estrictamente relacionadas coa micoloxía. Así, o venres 4 de novembro desenvolverase, no pavillón deportivo do colexio La Inmaculada, o primeiro Serán de Outono, con música en directo.

Os 5 e 6 de novembro, a partir das 11h, terá lugar o Mercado de Outono, tamén no pavillón do Colexio La Inmaculada de Ponteareas, un mercado de outono, con expositores variados. Teremos animais vivos, artesáns traballando en directo, produtos frescos, ademais de elaborados produtos de outono, como mel, licores, viño, …

Adegas Menduiña participará no Mercado de Outono

Para rematar as actividades de Ponteareas, o domingo pola tarde haberá un magosto, con castañas, chourizos e viño e tamén haberá actividades para os máis pequenos. E a xente que participe no magosto poderá gañar un fin de semana nunha casa de turismo rural da asociación Agarimo.

II Xeiras gastronómicas
As Xeiras de Ponteareas complétanse coas II Xeiras Gastronómicas, unha actividade en colaboración cos restaurantes da localidade, onde se poderán degustar variados menús de outono, co desconto do 10% para as persoas que compren no mercado de outono.

Adenco quere agradecer a colaboración das diferentes administracións, que nun diferente pero imprescindible nivel, colaboran coa organización, resultando un interesante programa aberto á participación de toda a cidadanía.

AS ACTIVIDADES DESENVOLVERANSE AO LONGO DE VARIOS FINS DE SEMANA NOS CONCELLOS DE MONDARIZ BALNEARIO, PONTEAREAS E ARBO

miércoles, 19 de octubre de 2011

Cartaz das XXII Xeiras Micolóxicas


Xa estamos colocando os cartaces das XXII Xeiras Micolóxicas que se celebrarán nos seguintes Concellos:
  • Mondariz Balneario, os días 28, 29 e 30 de outubro 
  • Ponteareas, os días 4, 5 e 6 de novembro
  • Arbo, os días 11, 12 e 13 de novembro
Organizan ADENCO e a Federación Ecoloxista Galega
Patrocinan Concello de Arbo e Concello de Mondariz Balneario
Colaboran Xunta de Galicia, Concello de Ponteareas, Hosteleros da Comarca, Colexio de la Inmaculada, AGARIMO, Sociedade Gastronómica Cachelos e Entidade Local Menor de Queimadelos

martes, 18 de octubre de 2011

cartaz do Serán de Outono

Xa está listo o cartaz do Serán de Outono 2011 que terá lugar o vindeiro 4 de novembro en Ponteareas

lunes, 17 de octubre de 2011

ADENCO organiza o Iº Mercado de Outono en Ponteareas


O vindeiro 4, 5, 6 de novembro, celebrarase en Ponteareas as XXII Xeiras Micolóxicas, organizadas pola Asociación  Ecoloxista Adenco., ou no Tlf. 666.89.38.79

Nesta nova edicción a organización ecoloxista ten programado un mercado de outono para os 5 e 6 de novembro. Onde se pondrán a venta produtos de artesanía, horta ecolóxica, viños, alimentos, derivados da leite,..., sempre favorecendo a venta de produtos ecolóxicos  e fomentando o consumo responsable.
 
A programación de Adenco para o primeiro fin de semán de Santos,  é moi extensa;  o venres 4 terá lugar unha conferencia sobre cogumelos e un serán. O sábado 5, comezarán as xeiras, coa saída ó monte e clasificación de cogumelos e se abrirá ó público ás 11 da mañá o mercado de outono e para finalizar o domingo 5, novemente apertura do mercado, exposición de cogumelos e ludoteca para os máis pequenos.
 
Durante todo o fin de semán, tamén se organizará o II Xeiras Gastronómicas en colaboración coa Sociedade Gastronómica Cachelos, onde os veciños e veciñas poderán degustar produtos de outono nos distintos locais hosteleiros do concello.
 

O mercado de outono estará localizado no Pavillón do Colexio Inmaculada, no centro do casco urbán de Ponteareas e cada expositor contará cún stand de 2m de longo, por solo 25 euros.

Todos aos que lles interese acudir ao Mercado de Outono ou precisen máis información, poñerse en contacto no email, mercadodeoutono@gmail.com